Ourense Ornitolóxico


Por estas datas, fai un ano xa, viaxei na compaña de Alejandro Currás ás Comarcas de Verín e Viana do Bolo co obxetivo de ver as principais especies ornitolóxicas mediterráneas que nidifican na comunidade galega. Debo agradecer os consellos de Xurxo Piñeiro e Cosme Damián, pero sobre todo, o fabuloso guía que tivemos: Xosé Ramón Reigada, autor do blog Verín Natural porque a excursión foi todo un éxito xa que logramos ver todo o que nos propuxemos, isto a pesar dunhas condicións climatolóxicas adversas.


Álamo temblón
, Populus tremula, unha especie centroeuropea, casual en Galicia.

Report trip: Mediterranean Páxaros’s Ourense!
O día 22 de Maio de 2008, empezamos a odisea paxareira por Feces de Cima e ollamos abundantes rousinoles Luscinia megarrhynchos, dúas Cotovías cristadas Galerida cristata, Cotovías pequenas Lullula arborea, Carrizas dos xuncos Cisticila juncidis,
 
Unha Gata fornela Circus cyaneus acosando a un Lagarteiro Falco tinnunculus,
Escribentas comúns Emberiza cirlus e riscadas Emberiza cia, Ouriolos Oriolus oriolus,

Picanzo real Lanius meridionalis e cabecirrubio con ceba Lanius senator,
Macho de Silvia cantillans

Papuxas carrasqueiras tamén con ceba Silvia cantillans, comuns Silvia communis e montesas Silvia undata, Cucos Cuculus canorus, un cuco real Clamator glandarius perseguido por unha Pega pica pica, 
 

Folosas amarelas Hippolais polyglotta, Petos reais Dendrocopos major e verdeais Picus viridis, un Chasco cincento Oenanthe oenanthe,
unha Bubela Upupa epops cantando a escasos 3 metros do noso vehículo e unha boa densidade de Trigueiróns Miliaria calandra.
A nota de misterio douna a visión dunha máis que posible Pega azul Cyanopica cyanus. A vimos por dúas veces baixo unha tromba de auga movéndose rápidamente,. Eu vin perfectamente a silueta pero as cores non as puden apreciar, Alejandro si que lle viú a característica cor lila. Quedamos con ganas de certificalo. En Mandín que dista duns poucos kilómetros Xose Ramón Reigada viu outro exemplar. A zona é vasta.. a saber o que ahí se poderá ocultar…e ademáis as poboacións situadas máis o Sur non distan de máis de 100 km. Tampouco se descarta que sexa un páxaro de gaiola, afición moi común no país veciño.
 
O mesmo día, en Riós, vimos un Picanzo vermello Lanius collurio e un Rabirrubio testibranco Phoenicurus phoenicurus, ambos con ceba. Curiosamente preto había un mínimo de dúas parellas de Rabirrubio común Phoenicurus ochuros.
O día remataba con 3 bimbos pola miña parte e desexando que o día seguinte fora igual de fructífero.

Pola mañan do día 23, ben cedo pola mañan, ainda que algo lonxe, na Estrada de A Gudiña-Viana do bolo tivemos a sorte de ver un Lagarteiro cincento Elanius caeruleus pousado nun poste.

e unha Perdiz Alectoris rufa. Mentres, o noso carón, cantaba un precioso macho de Papuxa das amoras Silvia atricapilla.
Xa no Concello de Vilariño de Conso proseguimos coa racha paxareira:
En A Veiguiña, vimos un Gabeador azul Sitta europaea, ademáis de Cucos e Ouriolos.

 
En Conso, topamos unha parella de Gabeador común Certhia brachydactila entrando na oquedade duhna chimenea. A uns metros, un confiado Rabirrubio testibranco macho pousado nun castaño.
No centro de Vilariño de Conso, vimos unha parella de Rabirrubios testibrancos recollendo cebas.
 

Para rematar o día e poñer a guinda ó pastel, nos diriximos cara o Encoro de Cenza, onde, ademáis de ver 31 lavancos reais Anas platyrrhynchos, disfrutamos duns 15-20 abellarucos Meriops apiaster, dun Miñato negro Milvus migrans,
Picanzo cabecirrubio Lanius senator, Tartaraña cincenta Circus pygargus, varios machos de Folosa amarela Hippolais polyglotta cantando, das acrobacias das Andoriñas dos penedos Ptyonoprogne rupestris e da tan ansiada Escribenta hortelá Emberiza hortulana!!

A finais de Agosto do ano pasado voltei por ali acompañando esta vez a Pablo Sanmartín para realizar unha xornada de anelamento cuxos resultados podedes ollar no seu blog.
Tamén a información está disponible no interesante blog de Xosé Ramón Reigada

¡Esperemos que os lumes lle den unha tregua indefinida a esta comarca e permitan conservar e manter esta riqueza ornitolóxica!
Anuncios

4 pensamientos en “Ourense Ornitolóxico

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s