E apareceron as brancas!

De cativo, cando ameazaba tormenta, apresurabame a recoller o balón de futbol e voltar para casa a sentarme no salón para ver ao abrigo, os raios a través da cristaleira e escoitar a tronada.
Xa cambiaron algo as cousas…
Agora, unha tormenta é sinónimo de chegada de aves peláxicas á costa polo que «os do gremio paxareiro», apuramos ata ó último momento a nosa estancia nos portos e praias, a veces tentando incluso pegar o ollo ó telescopio. Vamos…cousa de tolos!
Aquel día, tras unha conversa telefónica con Emilio Martinez Sabarís, fun avisado da presencia de varias gaivotas tridáctilas Rissa tridactyla e dunha posible gaivota hiperbórea Larus hyperboreus en distintos puntos do Concello de Sanxenxo.
Unha vez reunidos no porto de Portonovo, alucino..as tridáctilas a un par de metros!
Contamos unha decena de Gaivotas tridáctilas Rissa tridactyla nadando a uns metros de nós, cun comportamento totalmente tranquilo, indiferentes á nosa presencia.
Emilio señálame cara o ceo: «Ahi está, ahi está!»
E chega voando á miña desexada Gaivota polar Larus glaucoides!
Dous «bimbos» xuntos.
Os Carráns cristados Sterna sandvicensis tamen presentes nos aledaños do porto daban a nota co seu característico reclamo.
Pero resulta que o aviso da presencia dunha gaivota blanca referíase á praia de Silgar. O exemplar estaría comendo este arroas varado. Non atopamos nada esa mañan. Resultou ser unha Gaivota hipérborea Larus hiperboreus…unha mágoa non dar con ela!
Decidimos movernos cara o interior da Ría.
Ó chegar á Enseada da Seca (Poio), soplaba un vento bestial. Alí nos topamos con 3 ou 4 Gaivotas canas Larus canus.

Eu xa pasaba de largo cando oigo a Emilio: «Unha enana, unha enana!»

Ahi a estaba, aguantando contra vento como podía: a Gaivota enana Larus minutus
Menuda mañan…e iso que faltou a hiperbórea!!

Deja un comentario