Medio ambiente en Antena

Dende o 9 de Outubro, son o colaborador de Medio Ambiente en Onda Cero Pontevedra (106.9). Esta sección pódese escoitar os xoves, entre as 13h30 e as 14h00. Ainda que, desgraciadamente non sexa un horario de máxima audiencia e a miña sección apenas cubra pouco máis de 5 minutos, tomo esta tarefa con moita responsabilidade e esperanzas de concienciar e dar a coñecer a nosa riqueza natural a quenes me escoitan.
Teño temática libre pero principalmente abarcando o que acontece no entorno de Pontevedra. Se algún de vos quere propoñer tema, que non dubide en poñerse en contacto conmigo.
Deixovos a continuación coa primeira grabación que realizamos. Este tono de voz débese ós nervios de ter un micro diante e unha profesional moi guapa ó outro. 😉 O tema de actualidade foi a migración das aves e distintos aspectos relacionados. Espero que a información aportada vos sexa de proveito.

3 pensamientos en “Medio ambiente en Antena

Deja un comentario