A vexetación cumpre unha función!

Despues de votarlle un vistazo á reciente entrada do blog do amigo Xosé Ramón Reigada decidín rescatar unhas fotos dunha deplorable actuación que tivo lugar nun afluente do río Ulla, o seu paso polo concello de Dodro e que atravesa as mesmas Brañas de Laiño (chamadas erroneamente Carrizais do Ulla). Estes paraxes pertencen á Rede Natura 2000, están catalogas como ZEPA, etc etc. términos que a veces non se sabe se teñen algun sentido ou otorgan verdadeira protección ó espazo en cuestión.
Este tipo de actuacións son levadas por cuadrillas forestais nas que supostamente hai personal especializado e deben ser seguidas de cerca polos axentes forestais da zona. A miudo, son empresas públicas as encargadas de realizar estes traballos con fondos europeos designados como “Actuacións de mellora en zonas de Rede Natura”….Increible!!

As imaxes coido que son impactantes e dan proba de que o tipo de xestión fluvial que se levou a cabo consisitiu en arrasar a vexetación de ribeira e intentar transformar a beira do río en algo semellante a un xardin polo que poder pasear.




Recentemente, colaborei nunhas alegacións que se redactaron a raiz de dúas solicitudes de corta de árbores de ribeira. Concretamente pretendíase talar un total de 600 carballos e 150 amieiros. sen explicación algunha. Desgraciadamente, estes casos son habituais e parece que sigue arraigada na mentalidade de certas persoas (políticos incluso) que a vexetación é basura que estorba e hai que eliminar e “limpar”. Pois non señores:

A VEXETACIÓN CUMPRE UNHA FUNCIÓN!

A retirada da vexetación de ribeira (xa sexa matorral ou arborado) ten serias repercusións sobre a calidade da auga, afectándolle principalmente a súa turbidez e potabilidade,. Ademáis, supón unha barreira contra os verquidos, unha eficaz devasa verde (contralumes), un importante corredor biolóxico, constitue refuxios bioxeográficos e xeolóxicos, mellora o hábitat de especies píscicolas proporcionándolle sombra ó leito do río, (acción termorreguladora), sostén as súas marxes diminuindo o efecto erosivo da auga e forma parte do ciclo da materia.

A siglo XXI, seguimos asistindo a actuacións que xa dende a idade escolar nos son inculcadas como inaxeitadas..

Anuncios

3 pensamientos en “A vexetación cumpre unha función!

  1. É incríbel que estas actuacións sexan promovidas pola administracion e realizadas por xente 'cualificada'
    Sinceramente, este tipo de obras foron dos maiores impactos que teño visto no ecosistema ripícola. Os verquidos son puntuais e moi daniños pero estas devasas afectan a moitos quilómetros de ríos. Se coñeceramos os dados exactos seguro que quedariamos perplexos
    Será un pouco catastrofista pero a este ritmo acabamos derradeiramente co planeta

    Me gusta

  2. E unha autentica salvaxada que se fai con cartos de todos, e seguro que se fai en precticamente todolos cauces galegos, mais nos proximos os nucleos de poboacion. Pero ecoloxicamente falando son unha autentica desfeita.
    Aconsellovos botar unha ollada o do Tamuxe na web de Anabam:
    http://www.anabam.org/RIO%20TAMUXE.html
    A verdade poderiamos facer un pequeno informe e pasarllo a FEG, ou directamente a conservacion.

    Amplexus varios

    Cesar

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s