Noite dos morcegos no Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés

Sábado, 27 de Agosto ás 17:30 – 28 Agosto ás 0:30 en Lobios no Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés (Ourense).

O vindeiro sábado 27 de agosto celébrase internacionalmente a coñecida como “noite dos morcegos”. Trátase dunha celebración promovida por EUROBATS e a SECEMU (Asociación Española para la Conservación y el Estudio de los Murciélagos) que ten lugar todos os anos no último fin de semana do mes de agosto, na que se desenvolven diferentes actividades para promocionar o coñecemento dos morcegos.
Dentro desta convocatoria está programada a realización de diferentes actividades divulgativas no Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés:

17:30 – 18:30. Charla – coloquio. “Os morcegos do P.N. Baixa
Limia – Serra do Xurés”.
Lugar: Auditorio sede P.N. Baixa Limia – Serra do Xurés, Lovios.

19:00 – 20:30 Instalación de caixa morcegueira.
Lugar: Paseo Río Caldo, Lovios.
20:30 – 00:30 Instalación de Redes de Captura e observación
de Morcegos.
Lugar: Paseo de Río Caldo, Lovios.
22:30 – 00:30 Paseo con detectores de ultrasóns.
Lugar: Paseo de Río Caldo, Lovios.

A actividade será levada a cabo polos membros da empresa Sorex, Ecoloxía e Medio Ambiente S.L. que veñen desenvolvendo actualmente o proxecto “Factores determinantes para a conservación de insectívoros forestais” consistente no estudo das especies de morcegos forestais presentes no parque Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés.

Anuncios

2 pensamientos en “Noite dos morcegos no Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés

  1. Oye, lo de poner las fotos de toda esa gente en las playas y de todas esas ovejas casi casi lo mismo encima ahí desparramadas,parece casi intencionado.
    Estoy interesadísimo en los murciélagos, son unos animales fuera de todo lo normal, me fascinan. Saludos.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s